viernes, 30 de noviembre de 2012

Novas para o Nadal!!

- Como saberedes seguimos insistindo no tema do local social. Ademais do edificio do Parque miráronse outras posibilidades como o edificio de RENFE. Aínda así seguimos abertos ás vosas peticións para realizar cursos, xa que contamos ca colaboración dos centros de ensino.

- Seguimos vendendo lotaría de Nadal. Varios veciños e veciñas venden as participacións que tamén podedes encontrar en Bodegas Barral.


- Temos organizado para o día 30 de novembro unha charla na Capela da Condomiña sobre un dos nosos veciños máis internacionais. Unha persoa que naceu no noso barrio e que logrou unha fama internacional no seu ámbito. Sabedes de quen falamos? Será unha pequena charla con concerto incluido!