miércoles, 23 de enero de 2013

Entrevista a Yolanda.

Estes días saímos bastantes veces na prensa, xa que ao colaborar o Concello na exposición de fotos, a súa difusión é maior en todos os xornais (fanlles máis caso que a nós...). Ademais de todas as novas sobre a exposición, onte aparecía esta entrevista á nosa Presidenta, Yolanda Pascual, onde xa dende o titular queda claro que para seguir co noso traballo precisamos canto antes dun local social!



sábado, 19 de enero de 2013

Empezamos o 2013!

Empezamos, con dúas cousas así moi rápidas:

- Do 18 ao 30 estarán no Liceo parte das nosas fotos, por se vos animades a facer unha visita!

- Non sei se coñecedes a web de minube, unha páxina de viaxes onde cada cidade pode incluír os lugares que deberan ser visitado..e como non, fixemos unha páxina do noso barrio, por se alguén que veña a Betanzos quere vir a coñecernos.

Podedes ver o enlace, pinchando sobre este texto!

E que o 2013 sexa moitisimo mellor que o 2012...e que o pasemos todos xuntos!