jueves, 11 de abril de 2013

Conta un conto, escribe un poema ou tira unha foto!

Aqui temos unha nova actividade, o Retrata e Redacta, o primeiro concurso de escritura e fotografía da Asociación de Veciños da Magdalena e a Condomiña.

Establecemos dúas categorías, para menores de catorce anos e para maiores de quince. E podese participar na modalidade de poesía, na de relato curto ou na de fotografía.

Consulta as bases nas dúas entradas seguintes deste blog e non deixes de avisar aos teus amig@s

:D

Bases concurso de escritura!

Cos obxectivos de fomentar a cultura e a educación, incentivar a creatividade literaria e
achegar a literatura ao público en xeral, a Asociación de Veciños da Magdalena e a
Condomiña convoca un concurso literario coas seguintes bases:




1. Poden presentarse autores e autoras de calquera nacionalidades, existindo dúas
categorías: a infantil ata os 14 anos e a adulta dos 15 anos en diante.

2. As obras poderán ser escritas en castelán ou galego, sendo estas inéditas e non
premiadas.

3. O tema do traballo estará relacionado ca palabra chave escollida para esta
primeira edición: o barrio.

4. Haberá dúas modalidades: a de poesía cunha extensión máximo de 50 versos e a
de relato curto cunha extensión máxima de seis páxinas.

5. Cada persoa poderá presentar un máximo de dous traballos.

6. O modo de entrega poderá ser por correo electrónico a asociaciondamagdalena@gmail.com  enviando adxunto a copia do traballo e noutro documento os datos do autor ou da autora: nome, DNI, dirección, teléfono e ocupación. Tamén poden ser presentados por correo ordinario na dirección Avenida Fraga Iribarne, nº 78, 4ºC, Betanzos (A Coruña), CP. 15300. Neste caso deberá conter dúas copias do traballo e un sobre pechado cos datos do autor: nome, DNI, dirección, teléfono, email e ocupación.

7. O prazo de entrega rematará o día 17 de maio, Día das Letras Galegas.

8. O xurado estará composto polo poeta Xosé Carpenter, a enxeñeira naval Elizabeth Riva, o avogado Luís Xesús Sánchez, a documentalista María Pereira, a escritora Elena Veiga, o escritor Xesús Fraga, o historiador Julián Ferrer e a poetisa Gabriela Rodríguez.

9. O premio consistirá nun diploma acreditativo, nunha xira ao campo dos Caneiros, un lote de libros e un agasallo sorpresa por parte da Asociación de Veciños.

10. A decisión do xurado será comunicada o día 31 de maio e haberá posteriormente un acto público para dar a coñecer os traballos.

11. As obras premiadas pasarán a formar parte do patrimonio da Asociación de Veciños da Magdalena e a Condomiña que terá a decisión de publicala nos medios que crea conveniente.

12. A participación nesta convocatoria implica a aceptación das súas bases e a decisión do xurado que será inapelable.

A Presidenta da Asociación de Veciños da Magdalena e a Condomiña,
Yolanda Pascual Izquierdo

Bases concurso de fotografía!

Cos obxectivos de fomentar a cultura e a educación, incentivar a creatividade e achegar a
participación artística e fotográfica ao público en xeral, a Asociación de Veciños da Magdalena e a
Condomiña convoca un concurso de fotografía cas seguintes bases:






1. Poden presentar fotografías autores e autoras de calquera nacionalidade, existindo dúas
categorías: a infantil ata os 14 anos e a adulta dos 15 anos en diante.

2. O tema do traballo estará relacionado ca palabra chave escollida para esta primeira edición:
o barrio.

3. Será necesario presentar un traballo en formato A4 como máximo, recollendo nel o traballo
que o autor ou a autora prefira.

4. Cada persoa pode presentar un máximo de tres traballos.

5. O modo de entrega poderá ser por correo electrónico a asociaciondamagdalena@gmail.com
enviando adxunto a copia do traballo e noutro documento os datos do autor ou da autora:
nome, DNI, dirección, teléfono e ocupación.
Tamén poden ser presentados por correo ordinario na dirección Avenida Fraga Iribarne, nº
78, 4ºC, Betanzos (A Coruña), CP. 15300. Neste caso deberá conter dúas copias do traballo e
un sobre pechado cos datos do autor: nome, DNI, dirección, teléfono, email e ocupación.

6. O prazo de entrega rematará o día 17 de maio, Día das Letras Galegas.

7. O xurado estará composto polo poeta Xosé Carpenter, o fotógrafo Luis Martínez e o
productor Dani López.

8. O premio consistirá nun diploma acreditativo, nunha xira ao campo dos Caneiros, un lote de
libros e un agasallo sorpresa por parte da Asociación de Veciños.

9. A decisión do xurado será comunicada o día 31 de maio e haberá posteriormente un acto
público para dar a coñecer os traballos.

10. As obras premiadas pasarán a formar parte do patrimonio da Asociación de Veciños da
Magdalena e a Condomiña que terá a decisión de publicala nos medios que crea
conveniente.

11. A participación nesta convocatoria implica a aceptación das súas bases e a decisión do
xurado que será inapelable.


A Presidenta da Asociación de Veciños da Magdalena e a Condomiña,

Yolanda Pascual Izquierdo

sábado, 6 de abril de 2013

Pasou a festa...e seguimos!

Como xa sabedes, pasou a Festa da Magdalena e agora seguimos traballando.

O día 30 acompañou o tempo, pero vendo o clima de toda a semana decidimos facer a churrascada nas pistas cubertas do polideportivo. Moi bó ambiente, sobre todo para os máis pequenos que puideron disfrutar do uso das pistas e de toda a xente maior que quedou a bailar despois da comida co concerto de Maribel.

O luns 1 de abril si que tivemos problemas climatolóxicos, sobre todo porque a chuvia fixo acto de
presenza ao comezo do baile do Grupo Azougue e finalmente non puideron realizar toda a actuación.

Aínda así, os dous días tivemos bastante xente que nos apoiou, logramos un pequeno beneficio económico para a asociación e outro ano máis mantivemos as nosas tradicións.

Agora empezamos cas actividades, queremos as vosas propostas. Para comezar teremos un concurso de escritura e outro de fotografía...en breves comentamos máis cousas!!

Se queredes ver fotos da festa, consultade o Facebook da Asociación de Veciños ou enviadenos un correo a asociaciondamagdalena@gmail.com e as compartimos por medio do Dropbox.