Por fin bota a andar a nosa asociación de veciños.
Con moi boa acollida e con moitas ganas comezamos a nosa andadura en setembro do 2011. Por primeira vez existe unha asociación de veciños nestes barrios históricos da cidade brigantina e nace motivada polo desprezo que estaba tendo nos últimos anos a nosa zona, que medraba en poboación pero que non tiña ningunha mellora que facilitase a nosa estancia nos barrios da Condomiña, da Avenida da Coruña, da rúa Arxentina, Sancha Rodríguez, Camiño do Carregal, Avenida Fraga Iribarne ou o Grupo Martín Ballesteros.
Por iso comezamos esta andadura, ca idea de defender os intereses dos barrios, de potenciar a convivencia entre a os veciños e entre todos poder axudar a mellorar a calidade de vida.
Ademais da defensa do noso barrio, tentaremos facer todo tipo de actividades lúdicas orientadas a todo o groso dos veciños, recuperando tradicións coma a Festa da Magdalena (a primeira do calendario festivo de Betanzos) ou dando a coñecer a nosa historia dende a época medieval na que era un antigo lazareto.
Por iso queremos contar ca túa axuda, contacta con nós enviando un mail a asociaciondamagdalena@gmail.com e segue atento a este blog onde publicaremos todo o noso traballo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario