De cara a dar a coñecer aos nosos veciños a historia deste populos
barrio betanceiro, dende a Asociación de Veciños da Magdalena e a
Condomiña organizamos estas dúas actividades.
A exposición de fotos: con todas as imaxes cedidas polos veciños e nas que poderemos ver a evolución desta zona de Betanzos.
A charla: ca colaboración do historiador Xosé María Veiga Ferreira,
daremos un agradable paseo pola historia do noso barrio. Descubriremos a
nosa relación cos leprosos, todo o que aconteceu durante a Guerra
Civil, a nosa transformación máis moderna, etc.
Os actos empezarán ca inauguración da exposición o sábado 16 ás 18:00 horas e a teremos aberta ata as 20:00.
Continuaremos ca exposición ao día seguinte, o domingo 17 pola mañá, onde terá lugar ás 12:00 a charla sobre a nosa historia.
Todo isto na Capela da Magdalena e na súa praciña.
Convida aos teus amigos e a todos os veciños!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario