miércoles, 11 de julio de 2012

Acabouse a Feira Medieval!!!

Como xa sabedes, esta fin de semana estivemos na Feira Franca Medieval de Betanzos, cun posto propio da Asociación de Veciños.

Nel conseguimos vender un montón de postres caseiros que foron facendo os veciños nas súas casas: rosquillas, cocadas, biscoitos, pasteis...ata bolos preñaos! Ademais, non nos esquecimos de dous alimentos típicos do noso barrio. O Bolo da Magdalena, do que recuperamos a receita na última festa da Magdalena; e os cacahuetes, un alimento moi ligado ao noso barrio xa que o seu consumo é unha norma obrigada os días da festa.






Como sabiades, poñíamos o posto por dúas razóns: por poder ofrecer un posto de traballo durante uns días para quen precisara algún ingreso extra. E para dar a coñecer toda a nosa actividade. É por todo isto polo que queremos agradecer o traballo de toda a xente do barrio que fixo posible que tiveramos un posto con cousas para vender, ao igual que agradecemos a toda a xente que se pasou a consumir.









E a diferencia de moitos outros postos que para o único que participan na Feira é para facer cartos, sen respectar ningunha das normas que se establecen dende a organización, nós ata explicamos a importancia do noso barrio no medievo, para xustificar aínda máis a nosa presenza!



Dende a Xunta Directiva da Asociación xa fixemos contas e foi todo moi ben. Nos próximos días anunciaremos a data da próxima reunión para dar a coñecer todos estes datos e empezar a organizar novas actividades.

Moitisimas gracias a todas e a todos novamente! =)


















No hay comentarios:

Publicar un comentario