lunes, 6 de agosto de 2012

Que facer en agosto???

Antes de que cheguen as festas de San Roque queremos propoñer varias cousas:

1) Recordade que se precisades libros de texto para os vosos nenos, agora que nun mes empeza o curso, podedes pedirllos á Asociación de Veciños, que buscará entre os libros vellos dos nenos do barrio para que non teñades que facer o desembolso económico que supón. E no caso de que teñades que facer a compra, recordade que temos dúas librerias relacionadas co noso barrio (Brea e Enredos) que dispoñen de venta de libros.

2) Como falamos o outro día, a Asociación de Veciños dispón de recursos para facer pequenos préstamos económicos sen intereses para todas as familias que se vexan na obriga de facer un desembolso económico ao que non poden facer frente.

3) O próximo domingo 2 de setembro imos aos Caneiros, pero só poden ir os socios que teñan as cotas ao día. Quen se queira apuntar ten que avisar a Yolanda ou a Isabel antes de este venres e pagar os 10 euros que acordamos poñer para a comida. Os gastos de transporte e demais os paga a Asociación.

4) Como veríades, xa hai algunha das melloras que solicitabamos, como os cambios de seguridade viaria na Avenida Fraga Iribarne. Pola contra, seguimos sen local social e segue faltando a limpeza de fincas que solicitamos, asi coma outros arranxos nas rúas.

5) Para dar a coñecer o patrimonio que temos no noso barrio, deixamos aqui o enlace da revista A Xanela na que o historiador Suso Torres publica unha entrevista na revista A Xanela da Asociación Cultural Eira Vella co veciños Carlos López García - Picos, falando dos seus anos na Magdalena. Este músico tivo que emigrar á Arxentina por culpa da Guerra Civil e volveu sendo un dos músicos contemporáneos máis importantes do mundo. Faleceu fai uns anos e os seus restos foron esparcidos no seu barrio, no noso, na Fonte da Cangrexeira.

Entrevista a partir da páxina 19


No hay comentarios:

Publicar un comentario