Empezamos outra vez a coller o ritmo de traballo!
A exposición de fotos foi un éxito, seguro que veriades múltiples referencias a iso na prensa. Tivemos moitas visitas e conseguimos aumentar o fondo de fotografías con novas donacións!
O pasado domingo fixemos unha nova reunión, na que rendimos as contas de todo o que fixemos o ano pasado, dando os datos económicos nos que xustificabamos todos os cartos que fixo a Asociación.
Decidimos facer para o sábado 30 de marzo a Festa da Magdalena, cunha churrascada e unha festa igual que o ano pasado. E novamente o Luns da Magdalena, estar diante da Capilla, dando a coñecer o noso traballo.
Seguimos en negociacións para ter un local social e parece que cada día está máis cerca.
A semana pasada pedimos as subvencións existentes para as asociacións, neste caso as de equipamentos para empezar a ter as nosas cousas e poder usalas entre todos!
Volvimos a levar ao Concello unha serie de propostas que presentaron os veciños na reunión, dende asuntos de limpeza ata outros relacionados co amaño da Fonte da Condomiña ou o do camiño que vai para ela.
Lembrádevos de reservar o sábado 30 nas vosas axendas para xantar con todos os veciños e os amigos que veñan! Faremos novamente unha pequena festa infantil!
No hay comentarios:
Publicar un comentario