jueves, 11 de abril de 2013

Bases concurso de fotografía!

Cos obxectivos de fomentar a cultura e a educación, incentivar a creatividade e achegar a
participación artística e fotográfica ao público en xeral, a Asociación de Veciños da Magdalena e a
Condomiña convoca un concurso de fotografía cas seguintes bases:






1. Poden presentar fotografías autores e autoras de calquera nacionalidade, existindo dúas
categorías: a infantil ata os 14 anos e a adulta dos 15 anos en diante.

2. O tema do traballo estará relacionado ca palabra chave escollida para esta primeira edición:
o barrio.

3. Será necesario presentar un traballo en formato A4 como máximo, recollendo nel o traballo
que o autor ou a autora prefira.

4. Cada persoa pode presentar un máximo de tres traballos.

5. O modo de entrega poderá ser por correo electrónico a asociaciondamagdalena@gmail.com
enviando adxunto a copia do traballo e noutro documento os datos do autor ou da autora:
nome, DNI, dirección, teléfono e ocupación.
Tamén poden ser presentados por correo ordinario na dirección Avenida Fraga Iribarne, nº
78, 4ºC, Betanzos (A Coruña), CP. 15300. Neste caso deberá conter dúas copias do traballo e
un sobre pechado cos datos do autor: nome, DNI, dirección, teléfono, email e ocupación.

6. O prazo de entrega rematará o día 17 de maio, Día das Letras Galegas.

7. O xurado estará composto polo poeta Xosé Carpenter, o fotógrafo Luis Martínez e o
productor Dani López.

8. O premio consistirá nun diploma acreditativo, nunha xira ao campo dos Caneiros, un lote de
libros e un agasallo sorpresa por parte da Asociación de Veciños.

9. A decisión do xurado será comunicada o día 31 de maio e haberá posteriormente un acto
público para dar a coñecer os traballos.

10. As obras premiadas pasarán a formar parte do patrimonio da Asociación de Veciños da
Magdalena e a Condomiña que terá a decisión de publicala nos medios que crea
conveniente.

11. A participación nesta convocatoria implica a aceptación das súas bases e a decisión do
xurado que será inapelable.


A Presidenta da Asociación de Veciños da Magdalena e a Condomiña,

Yolanda Pascual Izquierdo

No hay comentarios:

Publicar un comentario