Outro ano máis fomos capaces de sobrevivir ao traballo na Feira Franca Medieval de Betanzos. Dende o venres á mañá ata a madrugada do domingo todos e todas os que participaron fixeron un esforzo tremendo por sacar adiante o traballo da Asociación.
Cociñando, traballando, montando o posto, carretando cousas dende o barrio...ao final, o importante é que aportamos o noso traballo e a nosa forma de ver a Feira Medieval, como algo que ten que ser feito pola xente de Betanzos para aqueles que queiran vir a visitarnos, con productos feitos cas nosas mans, no noso barrio.
E aínda que seguimos sen conseguir que nos deixen facer a expulsión dos leprosos dende a Magdalena, que para algo era a antiga leproseria, prometemos volver no 2014.
E aqui algunha foto deixando constancia do traballo destes dias!
E tamén deixamos un par de fotos da Lumeirada do San Pedro, que outro ano máis celebramos o 29 de xuño...ata a madrugada do 30, nunha xornada tamén marcada polo traballo conxunto, o compartir o tempo de ocio e en definitiva, o que ten que ser unha Asociación de Veciños.






No hay comentarios:
Publicar un comentario