viernes, 28 de diciembre de 2012

Fotos, local e boa entrada de ano!!!


Dúas boas novas para rematar o ano!

Por unha banda, dicir que poderemos expoñer as fotos antigas que recolectamos no Edificio Liceo, na praza do Campo, dos días 18 ao 30 de xaneiro. Estará dispoñible de luns a venres de 19 a 21 h e sábados, domingos e festivos de 12 a 14 horas. Aínda hoxe recibimos dez novas fotos, asi que seguimos agardando polas túas tamén!!!



Por outra banda, explicar que esta semana comezamos as "negociacións" para lograr un baixo na Condomiña que poderemos usar como local social. Xa iremos contando máis detalles, pero sobre todo queremos agradecer a paciencia de todos vós, xa que moitos veciños protestaron polo feito de non ter un local, pero como comprenderedes este é un tema complicado, sobre todo cando dende o Concello non recibimos ningún tipo de axuda. Aínda así, imos saíndo cara adiante e o ano que comeza empeza con novos retos!!!

Engadir tamén outra noticia, neste caso a marcha dun veciño que inicia un novo camiño por separado. Despois de narrar no seu blog GrelosPower todas as súas andainas, empezou esta semana un camiño diferente:

https://www.dropbox.com/s/jlxaq3liolzudg1/jordiBig.m4v

Boa entrada no 2013 e boa saída do 2012!

No hay comentarios:

Publicar un comentario