Pensamos que sería unha boa idea recoller nun pequeno voceiro todo o traballo que fixemos durante estes primeiros meses de traballo na Asociación de Veciños. É por iso que nace a revista Lázaro, recollendo a testemuña e as imaxes do traballo que fixemos todos xuntos. Agardemos que sexa o primeiro de moitos!
E queremos aproveitar tamén para pedir desculpas xa que nos están a facer chegar algunhas críticas, pero tedes que comprender que case todos é a primeira vez que traballamos nunha asociación e só se poden equivocar os que o intentan. Pero para iso estamos, para intentalo todas as veces que faga falla!
Pincha aqui para ver o número 1 da Revista Lázaro
Agardamos recomendacións, críticas e suxestións!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario