Como non queda case nada para as vacacións de Nadal imos facer unha recomendación:
Xa saberedes que unha das primeiras cousas que fixemos dende a Asociación de Veciños foi asinar un convenio ca Biblioteca do IES As Mariñas para poder ser socios da súa biblioteca e utilizar as súas instalacións.
Como nas vacacións de Nadal o tempo nos obriga a pasar case todo o día metidos en casa que mellor que disfrutar dalgún libro ou dalgunha pelicula desta Biblioteca. Só tedes que ir ata o insituto das Mariñas (o de Formación Profesional) e preguntarlle aos conserxes pola Biblioteca (entrando pola porta que se ve na foto, a Bibliteca estaría na planta baixa, ao lado das escaleras do lado dereito).
Unha vez dentro para facer de forma gratuíta o cartón de socio só tedes que dicir que formades parte da Asociación de Veciños da Magdalena e a Condomiña. Teredes que cubrir unha ficha coma esta cos vosos datos:
E xa poderedes sacar os libros, as películas e os xogos que teñen dispoñibles (e non son poucos!!). Todo este servizo é totalmente gratuíto, polo que poderedes levar un par de libros para pasar as vacacións no sofá da vosa casa e tamén algunha das películas.
Para que vexades porque é a mellor Biblioteca (e a máis modernizada) que hai en Betanzos, deixamos aquí o enlace do seu blog (pinchade sobre isto) onde podedes consultar as súas novidades, os cursos que realizan e dos que podedes participar. No lado esquerdo teñen un catálogo, diferentes apartados con todo o seu traballo e tamén un Catálogo con todas as películas que teñen á nosa disposición e que podedes ver pinchando sobre isto. Peliculas recentes e de anos pasados, de todos os tipos e para todas as idades.
Para que este tesouro que temos no barrio siga vivo o mellor é facer un bó uso del. Asi que xa sabedes, recomendamos unha visita ata á Biblioteca para pasar un Bo Nadal!!!


No hay comentarios:
Publicar un comentario